30 de julio de 2025
As obras saen xa a licitación, cun investimento de 650.000 euros
A Xunta de Goberno Local deulle luz verde este mércores ao proxecto e licitación das obras para humanizar a praza Manuel Guitián, situada na segunda fase do barrio de Elviña.
Ao igual que xa se fixo previamente noutros puntos da zona, como Pintor Laxeiro e Pintor Manuel Colmeiro, o Concello avanza na mellora de espazos públicos lindeiros aos bloques residenciais do barrio, gañando superficie peonil e seguridade viaria na contorna das vivendas, osixenando así os seus accesos e facendo máis sinxelo o tránsito de persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.
Esta é unha das razóns polas que se actúa en Manuel Guitián, xa que o distrito 7 (ao que pertencen barrios como Elviña e O Castrillón) é un dos que, porcentualmente, conta con máis veciñas e veciños por riba dos 65 anos.
A previsión do Goberno de Inés Rey é renovar os pavimentos, tanto das beirarrúas -que serán ampliadas- como da calzada, visibilizando os espazos de estacionamento con materiais diferenciados. Ademais, elevarase o paso peonil que hai no acceso á praza, para calmar o tráfico, e plantaranse máis exemplares de arboredo arredor da praza, para favorecer a creación de espazos de sombra e máis frescos, con mobiliario urbano.
A maiores, renovarase a iluminación na praza e farase separativa a rede de pluviais e saneamento da zona, que actualmente é unitaria. Desta forma, o Concello mellorará a recollida de augas en orixe.
O investimento será de máis de 650.000 euros. Unha vez que se adxudiquen os traballos, haberá un prazo de seis meses para executalos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible