Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2023

Luz verde ao novo convenio coa Federación de ANPA da Coruña, cun investimento previsto de 404.000 euros

Noutra orde de asuntos, este mércores aprobouse o texto correspondente ao IV Plan de Igualdade do Concello da Coruña, que, tras recibir hoxe a aprobación da Xunta de Goberno Local, terá vixencia ata o 2027

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o novo convenio coa Federación Provincial de ANPA da Coruña, que permitirá financiar a realización de programas educativos, deportivos, culturais e, en xeral, para a mocidade, ao longo deste ano 2023.

No pleno ordinario de abril, deuse a aprobación inicial ao expediente de subvencións nominativas para este ano, que inclúe unha partida específica de 404.000 euros para a subscrición deste convenio coa Federación de ANPA.

Solicitude de fondos para potenciar os BIC da Cidade Vella e Castro de Elviña

Por outra banda, na Xunta de Goberno Local deste mércores acordouse a participación do Concello na convocatoria 2023 da liña de axudas para a mellora da competitividade e dinamización do patrimonio histórico con uso turístico.

A convocatoria, aprobada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ten como principal obxectivo dar resposta ás necesidades de financiación de proxectos para manter e rehabilitar o patrimonio histórico con uso turístico. O Concello presenta á convocatoria dous proxectos, para a posta en valor dos BIC da Cidade Vella e tamén o BIC do Castro de Elviña. Neste sentido, o importe estimado para o global das actuacións é de case tres millóns de euros.

No Castro de Elviña o Concello propón construír un valado perimetral, levar a cabo melloras de accesibilidade ao castro e tamén dar forma a un centro de apoio ás actividades arqueolóxicas e didácticas.

Por outra banda, na Cidade Vella os principais obxectivos formulados pasan por mellorar a sinalización dixital dos BIC da contorna e executar, en paralelo, a restauración da praza de Santa Bárbara, a da praza de Azcárraga e máis melloras no mobiliario do xardín de San Carlos. Ademais, o Concello presentou á convocatoria unha solicitude de fondos para a posta en valor e musealización das ruínas da igrexa de San Francisco e os achados arqueolóxicos do inmoble da rúa Sinagoga 4. Tamén está previsto executar obras de rehabilitación e mellora da accesibilidade ao castelo de San Antón.

Luz verde ao IV Plan de Igualdade do Concello

Noutra orde de asuntos, este mércores aprobouse o texto correspondente ao IV Plan de Igualdade do Concello da Coruña, que, tras recibir hoxe a aprobación da Xunta de Goberno Local, terá vixencia ata o 2027.

As principais liñas estratéxicas deste cuarto plan abranguen, entre outras, a formación do persoal municipal en materia de Igualdade, a prevención do acoso e actuación fronte á violencia de xénero, e a sensibilización para coa perspectiva de xénero. Tamén o fomento da igualdade no acceso ao emprego público e na promoción interna.

Novo vehículo de Bombeiros

Por último, e a través da área de Seguridade Cidadá, hoxe autorizouse un investimento de 450.000 euros para a contratación dun vehículo de autobomba urbana, que irá destinado ao corpo de profesionais dos Bombeiros da Coruña.

A autobomba reforzará a frota de vehículos destinada á extinción de incendios, e está especialmente deseñada para o seu acceso a zonas e rúas estreitas na contorna urbana.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión