14 de mayo de 2026
O Pleno tamén aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM que abre camiño á reordenación do ámbito, onde se prevé a creación de 85 vivendas protexidas e un aparcadoiro soterrado
Luz verde á modificación puntual do Plan xeral que permitirá acometer a ordenación do polígono M22, o parque da Agra, un paso fundamental para que a meirande parte desta superficie sexa destinada a usos públicos e isto abra camiño a unha das grandes demandas do barrio: a creación de máis áreas verdes.
Hoxe, o Pleno aprobou inicialmente a proposta elevada polo Goberno local, detallada máis polo miúdo polo voceiro do Executivo municipal, José Manuel Lage. Dos máis de 31.000 metros cadrados correspondentes ao polígono M22, 3.200 fronte á rúa Gregorio Hernández pasarán a ter a consideración de solo urbano consolidado, outros 4.600 correspóndense coa superficie do ARI do Camiño do Piñeiral e son 23.900 os que están incluídos no polígono do parque da Agra, sendo 18.500 metros cadrados os previstos para uso público.
"O 83% do polígono do parque da Agra quedará destinado a esta finalidade: usos públicos", recalcou Lage, que abundou no impacto positivo que terá esta reordenación na Agra do Orzán. "Xeramos espazo para un parque de 16.000 metros cadrados de superficie qu,e pola súa situación e coa ordenación prevista, constituirá un miradoiro privilexiado á baía da Coruña", precisou o edil, que tamén lembrou que as xestións previas do Goberno de Inés Rey posibilitaron a apertura de 4.000 metros cadrados de superficie no Observatorio, "que se verá incrementada con outros 12.000 ao materializarse o plan exposto hoxe no Pleno".
Máis vivenda protexida e a previsión dun aparcadoiro soterrado
Neste sentido, a previsión do Concello é que esta modificación puntual do PXOM tamén posibilite a creación de 85 vivendas protexidas no ámbito. É dicir, un 40% das vivendas alí formuladas baseándose na remodelación do polígono e os usos das parcelas.
Ademais, a folla de ruta sobre a que traballa o Executivo local tamén inclúe dar resposta ás necesidades de estacionamento do barrio e a súa contorna. Por iso, tamén se estima unha posible dotación de 350 prazas nun aparcadoiro soterrado, así como outras 63 públicas en superficie.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible