15 de noviembre de 2025
O Concello acometerá nos vindeiros días a renovación do pavimento na superficie de uso, substituirá o peche perimetral e habilitará unha nova rampla de entrada, máis accesible
A inicios da semana que vén comezarán os traballos de acondicionamento e adecuación previstos no canil do Barrio das Flores, unha intervención que forma parte dos compromisos asumidos polo Executivo municipal coa veciñanza do distrito.
A área canina do Barrio das Flores está situada na súa parte central e, tras avaliar as súas condicións actuais, o Concello acometerá nos vindeiros días unha serie de actuacións orientadas a mellorar a accesibilidade do recinto, a súa superficie de uso e tamén o seu pechamento perimetral.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, detallou máis polo miúdo as intervencións que se levarán a cabo: "Renovaremos o pavimento do canil para facelo máis estable e evitar os embarramentos, tamén na zona axardinada que hai ao seu arredor. E ademais, disporase unha nova rampla de acceso, máis adaptada ás necesidades transmitidas polas persoas que usan este espazo para levar os seus cans".
Ademais, no contexto dos traballos tamén se renovará o peche da área canina e, en paralelo, instalaranse novos paneis de sinalización, co obxectivo de informar correctamente ás persoas usuarias e regular o uso deste espazo conforme á normativa vixente.
Noemí Díaz indiciu que o prazo estimado de execución das obras é de dous meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para desenvolver as intervencións previstas.

28 de febrero de 2026

27 de febrero de 2026

27 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible