20 de julio de 2025
O Concello investirá 150.000 euros para mellorar unha zona que contará con paso de viandantes elevado e novos espazos verdes
O Concello investirá máis de 150.000 euros en mellorar a accesibilidade no treito de Alfonso Molina que conflúe na avenida Linares Rivas, unha intervención que se centrará, moi especificamente, no itinerario peonil que conecta as rúas Fernández Latorre, José Cornide e Ramón de la Sagra.
Todo este sector será obxecto de unha reurbanización que suporá a renovación dos colectores pertencentes á rede municipal de saneamento e, a posteriori, tras a instalación das tubaxes, a disposición dun novo pavimento nas beirarrúas, máis moderno con materiais máis resistentes que os actuais e baldosas diferenciadas para facilitar o tránsito das persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.
Neste sentido, o Concello aproveitará esta intervención para substituír os bolardos que hai nesta parte da avenida en sentido de entrada á cidade. No seu lugar, o Concello habilitará un parterre axardinado onde se prevé a plantación de novos exemplares de arboredo nun espazo que, ata agora, carecía deles.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, destacou esta medida "porque amosamos que é posible mellorar moitos espazos públicos da cidade apostando por reverdecelos". "Neste caso, polo intenso fluxo de mobilidade de persoas viandantes que hai a un lado e a outro do paso peonil, entendemos que é importante gañar espazos con máis frescor", agregou. A intervención enmárcase dentro do plan de melloras viarias en todos os barrios da cidade posto en marcha polo Goberno de Inés Rey.
Díaz lembrou que a plantación dos novos exemplares de arboredo levarase a cabo na beira de Alfonso Molina en sentido de entrada a Linares Rivas, "xa que ao non haber garaxes ou vaos, a súa disposición non é un obstáculo, como si podería pasar na outra beira".
A isto sumarase outra medida moi importante en materia de seguridade viaria: a elevación do paso peonil entre Fernández Latorre, José Cornide e Ramón de la Sagra sobreelevarase, contribuíndo así ao calmado do tráfico neste punto da avenida, unha das principais portas de acceso e saída de vehículos na cidade.
A previsión do Concello é que os traballos arrinquen a finais de agosto ou principios de setembro, despois de que a dirección xeral de Patrimonio lle dese luz verde ao proxecto de control arqueolóxico da intervención, atendendo á proximidade da localización da ermida de Santa Lucía, que antigamente estaba situada na confluencia entre Alfonso Molina e Fernández Latorre.

10 de diciembre de 2025

3 de diciembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible