24 de mayo de 2026
A concelleira Nereida Canosa tomou parte nos actos previos á saída desta nova edición da andaina, organizada pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) co apoio do Concello
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, tomou parte hoxe nos actos previos á saída da XIII edición da andaina «A Coruña, en marcha contra o cancro», unha iniciativa organizada pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) co apoio do Concello, e que hoxe congregou a máis de 3.600 persoas nas rúas da cidade.
O percorrido, de cinco quilómetros, comezou en Porta Real e pasou polo Parrote, tinguindo de verde o paseo marítimo ao longo dos Pelamios e ata San Amaro, con volta posterior polo mesmo trazado. Foi unha mañá que visibilizou a importancia desta cita na que deporte e compromiso social suman forzas por unha causa solidaria, amosando, ademais, a implicación das coruñesas e coruñeses na loita contra a enfermidade.
Os fondos recadados nesta iniciativa destinaranse á investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible