Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de septiembre de 2023

Máis de cinco mil participantes competiron nunha reivindicativa Carreira da Muller

A recadación desta proba irá para a Asociación Española Contra o Cancro e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

Este domingo tivo lugar unha nova edición da Carreira da Muller, na que correron máis de 5.000 participantes. Foi unha mañá chea de actividades, que tiveron o seu punto de encontro na explanada do Palacio dos Deportes, desde onde partiu a proba. A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregaron os premios ás persoas gañadoras.

Ademais da carreira, as participantes puideron participar nun festival de fitness e aeróbic. Esta edición rendeulle homenaxe ás xogadoras do Deportivo ABANCA. Ademais,  puxéronse á venda 50 dorsais solidarios a favor da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). A recadación do circuíto será destinada á Asociación Española contra o Cancro.

A Coruña é unha das poucas cidades que contan con esta proba no país. O seu obxectivo é incorporar masivamente a muller á práctica deportiva unindo solidariedade e loita contra o cancro de mama, e reivindicando o papel das mulleres e das deportistas na sociedade. Ademais, todas as participantes luciron o dorsal 016, número de atención contra a violencia machista.

O Goberno de Inés Rey apoia e promociona este evento, un dos de maior éxito entre as carreiras populares da cidade, polo seu carácter reivindicativo e solidario. A contorna de Riazor luciu un grande ambiente, con música e diversas actividades organizadas por patrocinadores e colaboradores.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión