Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de septiembre de 2025

Máis de dous millóns de euros en investimentos para revitalizar os espazos patrimoniais da Cidade Vella

O Concello executará melloras en puntos como a praza de Azcárraga ou o xacemento arqueolóxico de San Francisco grazas a fondos estatais

Este mércores, a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos proxectos financiados con fondos estatais para diversas actuacións de mellora que contribuirán á posta en valor da Cidade Vella en clave cultural, arquitectónica e arqueolóxica.

Son, a grandes trazos, a restauración da praza de Azcárraga, a posta en valor da Casa da Sinagoga, actuacións na praza de Santa Bárbara, a renovación da instalación eléctrica en Santo Antón, a restauración do mausoleo de Sir John Moore, a posta en valor do xacemento de San Francisco e a mellora da sinalización patrimonial dos elementos BIC e do rueiro da Cidade Vella.

O conxunto destas actuacións está valorado en 2,2 millóns e o Goberno de Inés Rey recibirá do Estado 2 millóns para acometer os investimentos citados.

"O Concello obtivo no seu día a confirmación provisional da concesión destas axudas. Finalmente, por diversos cambios, A Coruña non figurou na lista definitiva, mais tiñamos o compromiso de que o financiamento o asumiría directamente o ministerio, e iso é o que finalmente aconteceu", indicou a alcaldesa na rolda de prensa desta mañá.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión