Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de agosto de 2022

As entradas teñen un prezo de 15 euros e estarán á venda o 17 de agosto na páxina web ataquilla.com

Manu Chao Acústico pechará as Festas de María Pita

O artista actuará o 29 de agosto ás 22.00 h no Parque de Santa Margarida

O Concello da Coruña suma á programación das Festas de María Pita unha nova actuación musical, a do cantautor Manu Chao. O artista ofrecerá un concerto en acústico no marco da súa xira galega, acompañado de Lucky Salvadori á guitarrita e Miguel Rumbao na percusión, sendo a última actuación das 'Noites de María Pita'. Unha nova cita musical que amplía a extensa programación cultural promovida polo Concello durante este verán, cos concertos de James Blunt, Texas, Ana Torroja ou Luis Fonsi nas Noites de María Pita, o Festival Noroeste con máis de 50 actuacións ou o espectáculo de Rosalía no Coliseum.

O concerto 'Manu Chao-Acústico' promete ser unha actuación diferente, na que o artista tocará segundo él mismo afirma "o peor da rumba". Temas novos e de sempre, "cancións de rompe e rasca, rolas musicarias" nas que Chao estará "manu a manu só coa guitarra", xunto cos compañeiros Salvadori e Rumbao para poñer a última nota musical do verán coruñés.

A actuación terá lugar no Parque de Santa Margarida o vindeiro luns 29 de agosto, ás 22.00 h. As entradas, que terán un prezo de 15 euros, estarán á venda na páxina web ataquilla.com a partir do 17 de agosto ás 14:00h. A capacidade está limitada a un total de 2.000 localidades polo que cómpre mercar a entrada de forma anticipada.

Coa parada de Manu Chao na Coruña, o Goberno de Inés Rey continúa avanzando na súa aposta pola cultura na cidade como sinal de identidade, converténdoa na sede musical de referencia do norte, con concertos de artistas nacionais e internacionais como Rosalía, Simple Minds, Camilo, C.Tangana ou Serrat.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión