Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de abril de 2025

Inés Rey: “A historia dos Seijas é a historia dun barrio que soubo manter a cabeza erguida mesmo nos momentos máis escuros”

María do Carme Seijas, nomeada Republicana de Honra 2025 polo Concello da Coruña

A alcaldesa presidiu o acto institucional de recoñecemento á homenaxeada, veciña da Silva, que este venres cumpre 100 anos

O Palacio de María Pita acolleu esta mañá o acto institucional de nomeamento de María do Carme Seijas Díaz como Republicana de Honra 2025, distinción impulsada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Concello da Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o encontro acompañada do presidente da CRMH da Coruña, Carlos Babío; a subdelegada do Goberno, María Rivas; xunto con representantes da corporación municipal, entidades veciñais e familiares da homenaxeada.

Maruxa Seijas, que o vindeiro 12 de abril cumpre cen anos, foi recoñecida como símbolo da loita pola liberdade, da resistencia á ditadura e da dignidade popular. "Maruxa foi unha das irmás pequenas dunha familia de oito e como tal, aprendeu non só a compartir, senón a entender a vida non como algo individual, senón como un camiño colectivo" explicou a alcaldesa.

Durante a súa intervención, a alcaldesa definiu a Maruxa como "moito máis ca unha veciña centenaria; unha testemuña viva dun século cheo de loita, dor, esperanza e resistencia", subliñando que a súa vida é tamén "a historia dun barrio que soubo manter a cabeza erguida mesmo nos momentos máis escuros".  Así mesmo, lembrou a súa orixe humilde e a historia da familia Seijas, que definiu como "non só a historia dunha familia, senón a historia dun pobo", facendo fincapé na conexión entre Maruxa e a identidade dos barrios.

Rey puxo en valor a memoria como ferramenta de construción de futuro e compromiso democrático: "Se queremos unha Coruña orgullosa de si mesma, xusta, democrática e libre, temos que coidar a nosa memoria histórica, transmitila e poñela en valor porque defendela é tamén defender a cidade".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión