25 de mayo de 2026
A alcaldesa presidiu a recepción institucional á plantilla
Inés Rey: “Non xogades só cun balón, xogades coa felicidade dunha cidade enteira”
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a recepción institucional ao Real Club Deportivo logo de acadar este domingo o ascenso á máxima categoría do fútbol masculino estatal. O acto celebrouse no Palacio Municipal de María Pita e máis de 15.000 persoas encheron a praza para recibir a xogadores, equipo técnico e directiva do club.
A alcaldesa, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a unión entre equipo e afección como clave do éxito acadado. "Non xogades só cun balón, xogades coa felicidade dunha cidade enteira. Podedes sentirvos orgullosos, pois onte fixestes felices a moitas persoas", sinalou a rexedora. No acto institucional, celebrado no salón de sesións, tamén interviron Juan Carlos Escotet, presidente do Real Club Deportivo, Antonio Hidalgo, adestrador do primeiro equipo, e Diego Villares, capitán.
"Estes oito anos non estivestes sos. Xunto a vós había unha afección orgullosa, á que non lle importaba cambiar o Bernabeu ou o Camp Nou polos pequenos estadios de Primeira RFEF", dixo Inés Rey. A rexedora tamén tivo palabras de lembranza cara Arsenio Iglesias: "O seu espírito estaba onte con todos vós en Valladolid, empurrando cara o obxectivo final". Tras o acto os xogadores saíron ao balcón do Palacio Municipal a saudar á afección que se atopaba na praza.

21 de julio de 2026

21 de julio de 2026

17 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible