Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de septiembre de 2023

Melendi esgota todas as entradas para a súa actuación no Coliseum e dará un segundo concerto o 3 de novembro

As entradas para a segunda data sairán á venda este martes, 19 de setembro, ás 12.00 horas

Melendi esgotou en menos de dúas horas todas as entradas para o seu concerto do sábado 4 de novembro no Coliseum da Coruña. As localidades puxéronse á venda esta mañá, ás 12.00 horas, a través de Ataquilla, Enterticket e no despacho de billetes da praza de Ourense e, antes das 14.00 horas, xa estaban todas vendidas.

Segundo o acordado entre o Concello e a promotora do artista asturiano, actívase unha segunda data, que será o venres 3 de novembro, tamén no Coliseum. As entradas estarán dispoñibles a partir deste martes, 19 de setembro, ás 12.00 horas. Poderanse adquirir polas mesmas vías que no día de hoxe: Ataquilla, Enterticket e na praza de Ourense.

A alta demanda de entradas para o concerto de Melendi pon de manifesto a calidade e variedade da programación cultural e musical da cidade deseñada polo Goberno de Inés Rey. Esta mesma semana, por outra banda, terá lugar o ciclo de concertos Noites do Porto, que xa conta con varias datas con entradas esgotadas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión