Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de julio de 2020

Mobilidade consolida o carril dos Cantóns para uso peonil

O concello iniciou esta mañá os traballos para substituír o valado da vía por bancos de pedra e bordos de granito.

O concello iniciou hoxe os traballos para consolidar como vía peonil o carril habilitado nos Cantóns durante o confinamento para que a veciñanza puidese pasear de maneira segura mantendo as distancias impostas polas autoridades sanitarias. O concello ten previsto que os traballos se prolonguen durante tres días aproximadamente. En todo caso, confían en que estean finalizados para a fin de semana, xa que polo momento só se vai substituír o valado por 125 bancos de pedra, que se colocarán ao longo da vía, bordos de granito e  elementos de ornamentación. Tamén se instalarán sinais verticais e na calzada para advertir as/os condutores da prohibición de circular polo carril.

Desde  Mobilidade destacan que ao retirar os elementos móbiles de separación dos carrís se garante unha maior seguridade as persoas viandantes que transitan por esta vía.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión