Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de marzo de 2023

O acto desenvolverase na sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita coincidindo coa mostra “Manuel Ayaso. Testemuña do invisible”

Músicos, poetas e dramaturgos renderanlle homenaxe este xoves ao creador galego Manuel Ayaso

A exposición, composta por 84 obras, permanecerá aberta ata o 12 de marzo

Poesía, música e literatura mesturaranse este xoves para rendirlle homenaxe ao creador Manuel Ayaso, coincidindo co desenvolvemento da mostra do pintor de Ribeira que permanecerá na sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita ata o 12 de marzo.

O dramaturgo e contador de historias Quico Cadaval, os poetas Miguel Anxo Fernán Vello, Carlos Pereira e Eva Veiga, ademais dos músicos Fito Ares, Bernardo Martínez e Xurxo Souto son os integrantes do evento multidisciplinar que este xoves, 2 de marzo, terá lugar a partir das 19.30 horas na sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña en homenaxe ao xenial creador Manuel Ayaso que, desde o 19 de xaneiro ao 12 de marzo, está a expoñer nese mesmo espazo unha escolla antolóxica da súa dilatada e prolífica traxectoria artística .

"Manuel Ayaso. Testemuña do invisible", comisariada polo pintor Alfonso Costa, componse de 84 pezas do autor galego e permite facer un percorrido polas súas diferentes etapas e estilos pictóricos. Ayaso está considerado un virtuoso debuxante que estilisticamente se pode enmarcar dentro do expresionismo con múltiples referencias surrealistas. Entre as súas influencias destacan Goya, en particular as súas pinturas negras, O Bosco, Picasso, e o barroco español de Valdés Leal e Gutiérrez Solana. Tecnicamente utiliza, entre outras, unha técnica cuxa orixe está no século XIII: a punta de prata, cunha apariencia característica que adquiren as obras debido ao proceso de oxidación da prata e que encaixa á perfección no formato pequeno, case de miniatura, que acostuma traballar Ayaso.

Manuel Ayaso, de 89 anos, vive actualmente en Aguiño, no municipio de Ribeira, despois de volver de Estados Unidos, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira artística. A época da posguerra marcada en Galicia pola emigración e a penuria económica, o mundo do mar e os mitos da súa terra son fundamentais na súa produción.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión