30 de enero de 2024
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo impulsado polo Concello da Coruña e Turismo Coruña da man da Asociación Orgullo Coruña –ORCO–
As estrelas eurovisivas encherán de cor e diversión o programa da quinta edición do festival, que se realizará do 7 ao 14 de xullo de 2024 na Coruña
Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez son as primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2024, que encherán de cor e diversión o programa da súa quinta edición. As estrelas eurovisivas súmanse así á celebración do 'Orgullo do Norte', que se realizará na cidade da Coruña do 7 ao 14 de xullo.
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, destacou a celebración do Atlantic Pride como un grande incentivo para o posicionamento da Coruña como referente cultural do Noroeste de acordo coa liña marcada pola alcaldesa, Inés Rey. "Cada vez son máis as persoas que sitúan o Atlantic Pride como unha celebración de cabeceira na semana do orgullo grazas á importante aposta musical nacional e internacional do seu cartel" sinalou.
O presidente de Orgullo Coruña, Luis Pazos, agradeceulle ao Concello da Coruña a colaboración, un ano máis, para a programación do evento e o seu compromiso coa realización dun festival diverso e inclusivo. Apunta que "unha vez máis, queremos diferenciarnos do resto de festivais, cun elenco de artistas que non estamos acostumados en ver noutros eventos". O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado polo Concello da Coruña e Turismo Coruña da man da Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, e que conta co patrocinio de Estrella Galicia, Xunta e Global Grafic, referencia no noroeste peninsular.
Primeiras bandas e artistas confirmadas
Nebulossa
Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Na actualidade, é un dos participantes do Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a banda alacantina fusiona sons e melodías dos anos 80 e conseguiu éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionado como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.
Rosa López
Rosa López, popularmente coñecida como "Rosa de España", saltou á fama en 2001 coa súa participación na primeira edición do talent show musical Operación Triunfo -do que foi gañadora-. No ano 2002 representou a España no Festival da Canción de Eurovisión e acadou a sétima posición e unhas cifras de audiencia récord. A súa interpretación foi a máis vista na historia de Eurovisión ata o de entón e congregou a 12,7 millóns de espectadores co tema Europe's Living a Celebration. Ao longo da súa carreira como cantante e vocalista, Rosa López publicou un total de 8 álbums de estudio (Rosa, Ahora, Ojalá, Me siento viva, Promesas, Propiedad de nadie, Rosa López e Kairós). Ademais, a artista lanzou un EP, 22 sinxelos e un álbum recompilatorio.
Lucía Pérez
Lucía Pérez é unha recoñecida artista española que gañou popularidade a nivel nacional e internacional despois de representar a España no Festival de Eurovisión en 2011, interpretando a exitosa canción Que me quiten lo bailao. A súa participación neste prestixioso evento permitiulle gañar o agarimo do público e posicionarse como unha destacada figura na industria musical. Orixinaria de Galicia, Lucía Pérez logrou consolidarse como unha artista versátil e talentosa, levou a cabo numerosos concertos en diferentes escenarios e cativou a audiencia coa súa voz enérxica e magnética presenza no escenario. A súa música destacouse por fusionar diversos xéneros, incluíndo pop, folk e ritmos latinos e creou un estilo propio que a distingue.
Las Ketchup
Las Ketchup é un grupo musical cordobés integrado polas catro irmás Muñoz (inicialmente, Lucía, Lola e Pilar; e, a partir de 2006, tamén Rocío). Fillas do guitarrista Juan Muñoz, coñecido polo seu alcume "El tomate", a súa infancia desenvolveuse nun entorno musical. Como título para o seu primeiro álbum, as irmás elixiron Hijas del Tomate, como un xogo de palabras en homenaxe ao seu pai.
Aserejé converteuse na canción do verán tras acadar o número un nas listas de numerosos países, tanto de Europa como da América Latina e Asia. A canción estaba acompañada dunha singular coreografía e a súa letra recordaba os primeiros versos do tema Rapper's Delight, de Sugarhill Gang. Tal foi o seu éxito mundial que Las Ketchup chegaron a vender 7 millóns de sinxelos e posicionáronse no posto 103 dos sinxelos máis vendidos da historia da música a nivel mundial, segundo Media Traffic. No ano 2019, Las Ketchup regresan aos escenarios, de xira por países como Dinamarca, Portugal, Suíza, Noruega, Romanía, Francia e España, cun público entregado aos seus directos e ávido por revivir, de novo, o seu ritmo "ragatanga".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible