28 de marzo de 2025
A alcaldesa presidirá o xurado neste evento que se celebrará a partir das 18.00 horas no auditorio
O auditorio do Centro Sociocultural Ágora acollerá este sábado a primeira edición do Torre 67 Fest, o novo proxecto da área de música moderna da Escola Municipal de Música da Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, exercerá como madriña e presidenta do concurso, que comezará ás 18.00 horas, e todas as entradas están esgotadas.
"Esta iniciativa amosa que a nosa Escola Municipal de Música está máis viva ca nunca, apostando por achegar aos recintos culturais da cidade o traballo diario dos seus alumnos e alumnas", apuntou a alcaldesa. O nome deste certame adopta a dirección da Escola, situada no número 67 da rúa da Torre, no barrio de Monte Alto.
A finalidade deste concurso é fomentar, impulsar e dinamizar todas as actividades que se realizan no centro e amosar o traballo dos e das alumnas nas aulas. Participarán oito combos de música moderna e todos eles están integrados por alumnado da Escola. A formación gañadora será a que represente este ano á área de música moderna na Gala da Escola de Música Municipal, que se celebrará o vindeiro 4 de abril no Teatro Colón.
Os combos actuarán, un a un, sobre o escenario do auditorio e ante a presenza do xurado presidido pola alcaldesa. Ademais, tamén haberá unha votación do público mentres o xurado delibera. Entregaranse primeiro, segundo e terceiro premio, ademais do premio do público.

15 de diciembre de 2025

14 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible