19 de enero de 2019
Xulio Ferreiro, que estará acompañado do presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, e a xerenta, Lanzada Calatayud, intervirá o vindeiro mércores na feira internacional
O alcalde, Xulio Ferreiro, participará na vindeira edición da feira internacional de turismo Fitur, onde o mércores 23 presentará as actividades máis destacadas que conformarán a oferta turística da cidade durante o 2019, ano no que A Coruña celebrará o X aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. O acto, que contará con visionado en streaming, celebrarase no stand de Turismo de Galicia ás 11.30 horas e a el asistirán tamén o presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, e a xerenta do mesmo, Lanzada Calatayud.
"O ano que comeza terá na Coruña unha proxección turística que lembrará os milenios de luz do faro romano sobre a cidade, con actividades culturais e variadas, e que se sumarán a unha oferta xa de por si rica e que non deixa de medrar", apunta o tamén concelleiro de Emprego e Economía Social, quen explica que o Consorcio de Turismo continuará a desenvolver este ano as liñas que marca o Plan Estratéxico de Turismo. "A Coruña amosará as súas virtudes como destino atlántico, non só cunha gastronomía e unha oferta cultural excelentes, senón con características e solvencia demostrada para acoller grandes eventos e turismo especializado", indica Lema. Neste sentido, o edil lembra que durante o 2019 A Coruña celebrará unha nova edición do Forum Gastronómico e "dun festival consolidado como é o Noroeste Estrella Galicia, que xa ten anunciada a unha figura internacional e sobresaínte, Patti Smith".
O concelleiro salienta que a programación turística da cidade vai acompañada do crecemento do aeroporto de Alvedro, "que pechou o segundo mellor ano en cifras de pasaxeiros da súa historia, con 1,22 millóns, e que mantén as expectativas de crecemento neste ano, con novas rutas e máis frecuencias".

18 de diciembre de 2025

9 de diciembre de 2025

26 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible