2 de febrero de 2026
As actividades celebraranse o sábado 7 de febreiro de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30, e serán gratuítas con reserva previa
A VIII edición da Feira de Ciencia Isabel Zendal despregará, o sábado 7 de febreiro nas salas do Aquarium Finisterrae, talleres divulgativos sobre o mundo mariño e as expedicións marítimas atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, e ofreceralle ao público a oportunidade de participar nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades. Os encontros serán en horario das 11.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.30 horas.
Para visitar este día o Aquarium Finisterrae, que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta, e participar nos talleres, é necesario realizar unha reserva de entradas, que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 4 de febreiro nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
Os talleres ofrecidos son:
Isabel Zendal e os 21 expósitos: unha viaxe ao redor do mundo cunha enfermeira e 21 nenos expósitos grazas aos cales a Terra foi declarada zona cero de varíola pola Organización Mundial da Saúde.
Moluscopedia: estudo dos moluscos mediante actividades prácticas baseadas na observación directa e a manipulación de exemplares.
Pon as pilas: exploración do pequeno mundo escondido dentro dunha batería e como viaxa a enerxía para dar vida aos nosos distintos dispositivos.
Linfocitos e sistema inmune: que é e como funciona o sistema inmune e o papel que desempeñan os linfocitos.
As vacinas salvan vidas: xogos e paneis interactivos para explicar que son e como funcionan as vacinas.
A horta do capitán Nemo: tipos de algas que habitan as nosas costas, as súas características biolóxicas, a súa aplicación en biotecnoloxía.
O código secreto da vida: experimentos de extracción de ADN e diferentes xogos para explicar cal é a función desta molécula e como xera a gran diversidade que existe nos seres vivos.
Diversidade en focas: a través de xogos e actividades sinxelas explicarase a diversidade xenética que existe entre elas xerada por diferentes forzas evolutivas.
Os superpoderes do polbo: mediante varios xogos explicarase como a xenética e a evolución deron lugar ás incribles habilidades deste grupo de animais.
Xenética baixo o mar: xogos para comprender conceptos xenéticos básicos e imprescindibles como xenotipo, fenotipo, cromosomas ou variabilidade xenética.
A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae e o Concello. "Desde o goberno de Inés Rey animamos a toda a cidadanía a aproveitar esta marabillosa iniciativa para que grandes e maiores aprendan sobre o mar nunha contorna única como é o noso Aquarium", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

31 de enero de 2026

30 de enero de 2026

30 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible