8 de febrero de 2026
Actuarase sobre unha superficie de case 8.500 metros cadrados de estrada, en rúas como Juan Sebastián Elcano, na praza da Blanca Quiroga e o aparcadoiro lindeiro á praza de Santa María
O Concello avanza coa programación anual do seu plan de renovación do firme nas calzadas municipais, unha iniciativa de continuidade impulsada polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguridade en materia de circulación no conxunto da cidade.
Neste sentido, a folla de ruta do Executivo local prevé actuacións nas rúas do barrio de Durmideiras a partir de mañá, luns 9, coa renovación de case 8.500 metros cadrados de calzada en rúas como Juan Sebastián Elcano, a praza da Blanca Quiroga e o aparcadoiro lindeiro á praza de Santa María, na parte traseira do mercado municipal.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, destacou a envergadura desta intervención, "que permitirá adecuar varios dos principais espazos de paso dos vehículos polo interior do barrio". A este respecto, a meirande parte dos traballos levaranse a cabo na rúa Juan Sebastián Elcano, en máis de 5.200 metros cadrados de calzada, coas sinais e balizas de preaviso xa repartidas ao longo das áreas de actuación nos días previos a esta fin de semana.
O investimento previsto en Durmideiras ao abeiro desta actuación é de 191.000 euros.
Tras Durmideiras, a primeira fase de Elviña
As melloras en Durmideiras supoñen, na práctica, a segunda quenda de intervencións no plan de renovación do firme nas calzadas municipais, que arrincou a semana pasada entre a rúa Posse e a rotonda da avenida do Exército coa rolda de Outeiro.
Toda vez rematen as obras en Durmideiras, a previsión é continuar coa programación na rúa Vicente Ferrer, na primeira fase de Elviña.
"É fundamental que as condicións meteorolóxicas sexan favorables para o desenvolvemento dos traballos de asfaltado. Se é así, a nosa previsión é que cada actuación se execute en aproximadamente unha semana", explicou Noemí Díaz.

28 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

12 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible