Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2023

O Campo da Leña acolle este domingo 1 de outubro unha nova edición dos Mercados Ecolóxicos Municipais, con obradoiros infantís e degustacións

Ao longo da mañá, entre as 10.00 e 15.00 horas, as persoas asistentes poderán gozar cun amplo abano de actividades ideadas tanto para o público adulto como para as e os máis pequenos

O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, promove este domingo 1 de outubro unha nova edición do mercado ecolóxico municipal que se celebra no Campo da Leña, unha iniciativa orientada á dinamización do comercio de proximidade, que, ademais, ten como obxectivo achegar e divulgar hábitos saudables entre a cidadanía.

A través desta proposta, búscase xerar un espazo para que os produtores e comerciantes fagan visibles e vendan os seus produtos, alternando a programación con máis actividades  abertas ao público, como degustacións, actuacións e obradoiros no toldo de dinamización, que acolle talleres gratuítos tanto para persoas adultas como para o público infantil.

No caso específico deste domingo 1 de outubro, hai actividades programadas entre as 10.00 e as 15.00 horas. Os horarios previstos son os seguintes:

  • De 10.00 a 15.00 horas: Espazo de dinamización infantil, con actividades creativas para a reciclaxe de refugallo.
  • De 11.30 a 12.30 horas: Obradoiro infantil de brazaletes.
  • De 11.30 a 12.30 horas: Espectáculo de showcooking 'Sabores de outono', da man de A Horta de Ana e Granxas de Lousada.

Así funciona o formato rotatorio dos mercados ecolóxicos municipais

Coa finalidade de poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe ética e local ao maior número de persoas, o Goberno de Inés Rey está a dar continuidade ao novo formato rotatorio dos Mercados Ecolóxicos Municipais, que estenderá este evento polos diversos barrios da cidade nos vindeiros meses.

A outra gran novidade deste formato dos Mercados Ecolóxicos Municipais é a súa realización todas as fins de semana do mes: o primeiro e o terceiro domingo, no Campo da Leña, e o segundo domingo de cada mes na praza da Tolerancia, en Labañou. Xa o último domingo do mes, o mercado irá rotando por distintos barrios, como Novo Mesoiro o Parque Europa de Catro Camiños e a praza de San Cristovo, nos Mallos. 

Neste sentido, hai dúas modalidade de mercado: o Mercado Ecolóxico, que é o que se realiza no Campo da Leña, e o Mercado de Compra Sostible, correspondente ao da praza da Tolerancia e outros lugares. Os mercados do Campo da Leña están especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e sostibles na súa produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na Praza da Tolerancia, e outras localizacións, fomentan a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra dos 4R. O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para a xente máis pequena.

Todos os mercados se realizarán no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. A este respecto, a información relativa a cada unha das sesións que se realizan pódense atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas do Concello da Coruña.

También te puede interesar

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión