11 de novembro de 2025
Xa está aberta a inscrición nas actividades. As persoas asistentes poderán coñecer máis polo miúdo as diversas seccións do museo e, ademais, descubrir grandes fitos da Prehistoria como a produción do lume
Este sábado, día 15, o Concello conmemorará o Día Internacional do Patrimonio Mundial, cunha ampla programación de actividades para todos os públicos no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, onde haberá unha xornada de portas abertas, con percorridos guiados e obradoiros creativos tanto para crianzas como para persoas adultas.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a "desfrutar desta xornada que contribúe á posta en valor dos museos históricos da Coruña, con propostas abertas a todas as idades e, ademais, de balde".
Neste sentido, o sábado haberá dúas visitas guiadas polo castelo e as diversas seccións do Museo, ás 12.00 e 17.30 horas, para coñecer o seu contido e historia. Con 25 prazas por quenda, as persoas interesadas en participar poden solicitar a súa, chamando ao número de teléfono 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 horas).
En paralelo, ao longo da xornada desenvolveranse varios talleres creativos. Un deles, 'Fiando o fío', ideado para os máis pequenos, arrincará ás 11.45 horas. Ofértanse 20 prazas para nenas e nenos de 6 a 12 anos, que poderán viaxar ao pasado e descubrir a moda prehistórica para achegarse ás formas de vida da época a través da súa indumentaria. A reserva de prazas xa está habilitada na plataforma de ticketing do Concello.
Ademais, as persoas adultas tamén poderán participar no obradoiro 'Á luz da lucerna', concibido como un percorrido pola Prehistoria para coñecer as primeiras técnicas para producir o lume, os materiais empregados e do grande avance que supuxo o seu descubrimento, experimentando coa fabricación dunha lucerna a través de moldes. O taller terá lugar ás 18.00 horas, con 15 prazas. Xa está dispoñible a súa reserva nesta ligazón.

4 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025

2 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible