Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de noviembre de 2023

O castelo de San Antón e a igrexa das Capuchinas incorpóranse ao abano de localizacións do Fanzine Fest, que terá lugar entre os días 4 e 9 de decembro

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, participou esta mañá na presentación da programación, que inclúe obradoiros formativos gratuítos para o público infantil e o adulto

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, participou esta mañá no acto de presentación da novena edición do Fanzine Fest, o festival de música electrónica de vangarda coruñés, que terá lugar entre os días 4 e 9 de decembro en diversas localizacións da cidade.

Castro, acompañado hoxe polos directores e impulsores do evento, Pablo Cubeiro e Roi Grobas, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Juan Inchausti, incidiu no "carácter innovador" do Fanzine Fest na escena cultural coruñesa.

Ademais das sesións musicais e audiovisuais anunciadas nas últimas semanas, hoxe deuse a coñecer a programación de actividades paralelas do festival. Entre as principais novidades destaca a incorporación de dúas novas sedes: a igrexa das Capuchinas e o castelo de San Antón, "unha proposta que contribúe a reforzar o vencello do patrimonio arquitectónico da cidade coas iniciativas culturais vangardistas", sinalou Castro. Ademais, a Fundación Luís Seoane acollerá o festival durante dúas xornadas consecutivas, abrindo as súas portas ás actividades formativas que terán lugar o venres 8.

Na xornada festiva do 6 de decembro, a histórica fortaleza de San Antón acollerá, desde as 12.00 horas, un coloquio sobre a xestión de selos discográficos. Presentaranse catro perspectivas diferentes ante as persoas asistentes: o percorrido do produtor e compositor visual madrileño Boris Divider, vinculado desde o 2014 a Artificial Domain; así como a creación de Jabalí Records por parte do artista emerxente coruñés Tout Sanders. Con eles estarán Fernando Rego, de Ferror Records, e Emilio del Río, fundador do selo local Narcotic Influence.

Tamén o mércores 6, desde as 17.00 horas, a igrexa das Capuchinas acollerá unha singular instalación sensorial interactiva xerada polo Colectivo MOM coruñés, conformado por Myriam Pato, Óscar Domínguez e Manuel Fonte, e que conta coa banda sonora do artista galego Ungar. O interese pola integración entre as tecnoloxías e a arte, e a creación do espazos únicos a través da luz e os sons darán como resultados L-23.97, unha instalación que lles permitirá ás persoas asistentes a exploración da relación entre arquitectura, música e pintura a través de dispositivos sonoros e sensores.

Obradoiros formativos gratuítos para público infantil e adulto

No acto desta mañá no Palacio Municipal de María Pita presentáronse, ademais, os talleres formativos gratuítos ideados tanto para o público infantil como adulto, que terán lugar na Fundación Luís Seoane, recinto que, un ano máis, acollerá as sesións do escenario SON Estrella Galicia tanto o xoves 7 -entre as que destaca a estrea en Galicia os lives do maltés Acidulant e o británico Nullptr- como o 8 de decembro. Desde as 12.00 horas e, ao longo dunha intensa xornada, sucederanse as actuacións -10 lives e un dj-set- e os talleres.

Ao mediodía comezarán as actividades para o público adulto, con acceso de balde ata completarse a capacidade prevista. Empezará o reputado produtor Joton, que compartirá o seu método creativo co público asistente. Ao longo dunha hora e media, creará un tema de techno desde cero, facendo partícipe o público. En canto finalice a sesión, o deseñador gráfico José Baldomir impartirá unha charla sobre como comunicar e promocionar en redes sociais un proxecto de música electrónica, un panel apto para promotores, produtores, selos e DJ's. Xa en horario de tarde, Edwin Balzan, integrante de Electronic Music Malta, presentará o proxecto maltés, desde a súa orixe á súa consolidación como elemento clave na escena cultural do país para a creación dun ecosistema creativo efectivo. Finalmente, o seu compatriota Toni Gialanze impartirá un workshop sobre a fusión do audio e as artes visuais a través da tecnoloxía self-built motion mapping

Os máis pequenos terán ocasión, como é habitual no Fanzine Fest, de familiarizarse coa música electrónica. Por un lado, Sebastian Black impartirá, a partir das 12.00 horas, o obradoiro 'Ritmos e algoritmos', no que as persoas asistentes descubrirán como crear música a partir de 16 sons de batería. Construirán secuencias e variacións e, con elas, darán vida ás súas propias composicións. Por outra banda, tamén en horario matutino, terá lugar o taller 'Sóache?', sobre como xerar sons, dunha forma sinxela e intuitiva, a partir de obxectos cotiáns. Os workshops para nenas e nenos, participativos e cheos de experimentación, requiren inscrición previa a través do enderezo electrónico escuela@fanzineproject.com.

Para máis información sobre o festival, recintos e artistas, xa está habilitada a páxina web www.fanzinefest.com.

Documentos:

Programación do Fanzine Fest 2023 (567 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión