16 de febrero de 2022
A banda presentará o seu novo disco ‘Hogar’ na cidade o próximo 14 de maio
As entradas sairán á venda este xoves 17 de febreiro ás 12.00 horas
A xira 'Hogar' de IZAL anuncia a súa parada na Coruña o próximo 14 de maio no Coliseum. A banda volve subir aos escenarios para presentar en directo o seu último traballo discográfico 'Hogar'. A cita súmase ás outras oito cidades españolas que xa foran anunciadas.
O recinto municipal, xestionado polo IMCE, amplía deste xeito a súa oferta musical para esta tempada 2022. As entradas para o concerto de IZAL sairán á venda este mesmo xoves, 17 de febreiro. Estarán dispoñibles a partir das 12.00 horas nos puntos habituais de venda en liña e no despacho de billetes do quiosco da praza de Ourense.
O disco 'Hogar' está producido por IZAL xunto a Brett Shaw (Foals, Florence & The Machine ou Lady Gaga) e Sancho Gómez-Escolar. Trátase dun dos traballos máis íntimos e persoais da banda.
IZAL súmanse a unha ampla listaxe de músicos que pasarán este 2022 polo Coliseum da Coruña. O recinto municipal xestionado polo IMCE recupera desta maneira unha extensa programación que inclúe os mellores artistas nacionais de actualidades e actuacións internacionais de gran calidade. Cabe destacar, entre outros, a actuación de C. Tangana o 26 de febreiro, nunha das poucas datas do artista en España. Tamén regresarán ao recinto grandes nomes da música nacional como Fito & Fitipaldis (18 e 19 de marzo), Leiva (30 de abril, Raphael (11 de xuño), Joan Manuel Serrat (8 de xullo), Malú (17 de setembro) ou Melendi (22 de outubro). Completan a oferta Van Morrison (31 de marzo), Il Divo (15 de xullo), Camilo (21 de xullo) e o Resurrection Day (8 de outubro).

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible