Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de noviembre de 2020

O complexo deportivo do Castrillón comezará a funcionar en 2021 xestionado por Emvsa

A alcaldesa visitou esta mañá as obras que poñerán fin a unha petición de anos por parte dun barrio que desfrutará o mes que vén dunha praza da Concordia renovada

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, visitaron esta mañá as obras do complexo deportivo do Castrillón que avanzan a bo ritmo. O barrio estreará en 2021 a infraestrutura que xestionará Emvsa xunto a outras melloras que reverterán nunha maior calidade de vida da veciñanza como a reforma da praza da Concordia pola que tamén se pasaron ou o acondicionamento do espazo público interior da rúa José María Hernansáez. A rexedora destacou que con esta actuación en marcha se acaba unha loita veciñal de anos tras a paralización do proxecto, "unha xestión 100% municipal, o que garantirá que os prezos sexan asequibles e que demostra o noso compromiso coa humanización dos barrios".

O Castrillón contará o ano que vén cun complexo deportivo que ademais do elemento principal que é piscina, contará con spa, ximnasio e unha pista, unha obra valorada en 1.964.205,24 euros, que se completará co equipamento deportivo oportuno. Por importe de 249.525,77 euros, o orzamento incluirá unha liña de cardio e de forza, xogo de porterías de balonmán, xogo de voleibol e de bádminton e un conxunto de bancadas retráctiles.

Cunha superficie de 3.060,45 metros cadrados, o edificio terá dúas plantas e o baixo. A primeira planta, con 2.340,60 m², albergará a piscina, o spa (pediluvio, sauna de vapor, sauna seca, ducha escocesa, ducha biotérmica, ducha cubo, ducha tres estacións), a pista polideportiva, aseos adaptados e vestiarios para monitoras/es e persoas usuarias. A segunda planta, de 571,75 m², incluirá os vestiarios para mulleres e homes e as salas de actividade deportiva.

MÁIS MELLORAS

A alcaldesa, Inés Rey, valorou a comunicación fluída que mantén este Goberno coa asociación de veciños do Castrillón, cuxas persoas representantes lles transmitiron achegas sobre mobilidade co fin de realizar actuacións dentro dun plan en que se priorizará ao cidadán. E a cidadanía poderá desfrutar en decembro dunha praza da Concordia renovada á que unicamente lle falta que coloquen a xardinería.

Ademais, licitáronse os proxectos de mellora dos Camiños Escolares, enmarcados dentro da Estratexia EidusCoruña, que estarán financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Deste xeito, o mes que vén comezarán os traballos para poñer a punto a contorna do CEIP Juan Fernández Latorre. Desde o Concello, están pendentes de executar a demolición das vivendas ruinosas da avenida Casanova de Eirís, número 5, para solucionar problemas de salubridade na zona e porlle fin a un conflito de convivencia veciñal xa que este punto era frecuentado por persoas drogodependentes. Por outro lado, valouse a parcela Miramar-Castrillón, 2. 

A rúa Fariña Ferreño é tamén outra das prioridades deste Goberno para a que se está estudando un plan de urbanización ao mesmo tempo que se mellora a rede de pluviais atendendo así a unha petición das persoas residentes. No referente á accesibilidade do Castrillón, estase contemplando a posibilidade de instalar unhas rampas mecánicas entre o centro de saúde e a Escola Infantil Municipal "Carricanta". En Rafael Bárez, existe un proxecto para reurbanizar a vía que podería contar cun elemento "homenaxe" ao político coruñés que lle pon nome.

Por outra banda, están en marcha as reformas dos cruzamento das rúas Abegondo e Bergondo coa avenida Casanova de Eirís xunto ás elevacións dos pasos peonís do CEIP Fernández Latorre e o centro de saúde para reducir a velocidade dos coches e a mellora, en xeral, das calzadas de formigón e as beirarrúas. Sobre as ampliacións destas últimas nas dársenas dos buses, este Goberno xa acometeu esta mellora en catro puntos e conta con facelo en máis, así como instalar bolardos onde for preciso.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión