28 de febrero de 2016
Xiao Varela e o alcalde, Xulio Ferreiro, reuniranse mañá en Madrid coa ministra en funcións de Fomento, á que lle levan “unha batería de asuntos” entre os que se atopa a reforma de Alfonso Molina
O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destacou hoxe a “actitude construtiva” coa que o Goberno municipal encara a cita de mañá coa ministra en funcións de Fomento en Madrid, á que o Goberno local leva preparada “unha batería de asuntos” entre os que se atopa a reforma da avenida da Vedra; un proxecto que, como salienta o responsable municipal, deberá ser “consensuado”. “Sempre estamos dispostos a xuntarnos para falar dos temas que consideren”, incidiu Varela, que, non obstante, mantén a necesidade de que a reforma serva para convertir Alfonso Molina nunha vía máis integrada na cidade, na que a fluidez do tránsito rodado sexa compatible cunha avenida “máis amable para as persoas”. “Na última reunión, máis técnica, levamos xa unha proposta afinada, na que intentamos recoller algunhas das pretensións de Fomento, pero mantendo a filosofía do noso proxecto”, expón Varela, que espera poder coñecer mañá os datos do estudo actualizado de tráfico nesa vía que o ministerio se comprometeu a facer. “Parécenos fundamental para poder tomar decisións”, subliña, e avanza que o Goberno local segue traballando nesa liña, e vén de facer estudos con programas de simulación de tráfico coas distintas propostas para a reforma da Vedra. “Estes estudos verifican que a nosa hipótese é viable e faría compatible unha vía máis humanizada cun tráfico máis fluído, e así llo presentaremos á ministra”, sinala Varela.
A este respecto, o concelleiro de Rexeneración Urbana pon de relevo a redución de tráfico que supuxo a entrada en funcionamento da Ronda do Deportivo, que, segundo observa, segue a ver aumentado o seu uso como vía de entrada e saída da cidade, o que permite un emprego cada vez máis urbano da Vedra.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible