4 de noviembre de 2025
A convocatoria, dirixida ao alumnado dos centros educativos coruñeses que cursa actualmente o cuarto ano de Secundaria, permitirá que as e os beneficiarios vivan o seu primeiro ano de Bacharelato en Canadá
O Concello da Coruña abriu o pasado mércores día 5 o prazo de solicitude das Bolsas Norteamérica 2026-27, que inclúe unha oferta de 30 prazas para que as alumnas e alumnos dos centros educativos coruñeses que cursan 4º da ESO este ano poidan darlle continuidade á súa formación no Canadá durante o curso 2026-27, no seu primeiro ano de Bacharelato.
A posta en marcha deste programa supuxo un fito para o Concello, que foi pioneiro na creación desta iniciativa. As bolsas permiten que o alumnado dos centros educativos coruñeses, teña, ano tras ano, a posibilidade de cursar estudos no estranxeiro, adquirindo un dominio avanzado da lingua inglesa e, de paso, coñecendo e vivindo polo miúdo a cultura e sociedade do país de acollida.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, lembrou que "o Goberno de Inés Rey deu continuidade a este programa educativo, un dos mais populares, co obxectivo de garantir que a mocidade coruñesa poida gozar de experiencias únicas". Tal e como se detalle nas bases, xa dispoñibles na web do Concello, haxa dous tipos de bolsa:
O prazo de inscrición pecharase o 18 de novembro
O programa ofrece a estadía no Canadá durante o período correspondiente ao ano académico, tamén a tramitación e obtención do visado de entrada no país. Ademais, a bolsa inclúe as viaxes de ida e volta desde A Coruña á poboación de destino no Canadá, asistencia sanitaria e 120 euros mensuais durante os meses de estadía, en concepto de axuda á manutención. Ademais, haberá unha achega de 400 euros para o alumnado con menos recursos económicos. Esta achega avaliarase previamente polos servizos sociais municipais.
As solicitudes poderán presentarse a partir do mércores 5 de novembro e ata o martes 18 de novembro, ambos os días incluídos. O primeiro paso será cubrir unha ficha específica de inscrición a través da web de Educación, que deberá presentarse posteriormente, acompañada por toda a documentación requirida, a través dos rexistros oficiais do Concello.

28 de julio de 2026

24 de mayo de 2026

12 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible