5 de junio de 2025
José Manuel Lage: “Agora poderemos derrubar os muros e dotar a un barrio que o precisa dunha zona verde de calidade”
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, informou hoxe no Pleno de que o Concello acaba de concretar un paso clave para acometer a creación do parque do Observatorio, no barrio da Agra da Orzán. O tamén voceiro do Goberno municipal explicou durante o debate dunha moción os resultados das negociacións desenvoltas co Estado durante os últimos meses.
"Esta mesma semana recibimos o oficio da AEMET no que se nos comunica a aprobación da concesión demanial a favor do Concello da parcela do parque do Observatorio", apuntou Lage, que lembrou que sen este paso administrativo "o Concello non podería actuar nunha parcela da que non ten a titularidade ou a cesión. Agora, por fin, xa a temos".
A aprobación da concesión demanial chega despois de que se acadasen os informes favorables do Ministerio de Facenda e da Delegación Territorial da AEMET, "froito de numerosas reunións e trámites que deron un resultado que, agora si, nos permite por fin licitar a execución do parque do Observatorio, derrubar os muros e dotar a un barrio que o precisa dunha zona verde de calidade", expresou Lage, que subliñou que "será o Goberno de Inés Rey o que saldará esta débeda histórica co barrio da Agra e quen amañe un problema que leva décadas sen solución".
A primeira fase de actuacións será a demolición dos muros, indicou Lage, e en paralelo se redactará o proxecto para a súa execución.

22 de octubre de 2025

27 de agosto de 2025

28 de julio de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible