16 de septiembre de 2025
A instancias da solicitude da asociación veciñal, e tras os estudios previos dos servizos municipais, Simón Bolívar cambiará de sentido para simplificar as maniobras do tránsito rodado nas rúas interiores do barrio
O Concello iniciará mañá os traballos de sinalización horizontal previstos ao longo da rúa Simón Bolívar, onde se cambiará o sentido de circulación co obxectivo de facilitar o tránsito do tráfico rodado polas rúas do barrio dos Rosales e, desta forma, mellorar a mobilidade no ámbito.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, razoou esta modificación, solicitada no seu momento pola asociación veciñal, explicando que "ata agora, tanto as rúas como Emilio González López e Simón Bolívar ían no mesmo sentido, o que dificultaba as maniobras de circulación para, por exemplo, virar en busca de estacionamento".
Esta circunstancia, notificada pola entidade veciñal do barrio, foi estudiada e contrastrada previamente polos servizos municipais, que verificou a viabilidade do cambio de sentido.
Con este novo debuxo, a rúa Emilio González López manterá a súa configuración actual e será Simón Bolívar a que cambie de sentido. Xa onte, luns, dispuxéronse carteis informativos nas vías públicas e os portais residenciais da contorna, para notificar así o inminente inicio dos traballos.
Será mañá, mércores, cando comecen. A previsión é que, se as condicións meteorolóxicas son favorables, se executen en horario diurno as tarefas de borrado da antiga sinalización horizontal sobre a calzada, e xa se pinte a nova. Xa posteriormente, este xoves, levarase a cabo a instalación da sinalización vertical adaptada á nova configuración de Simón Bolívar, polo que a previsión é que o xoves pola tarde xa se poda circular baixo o novo cambio de sentido na rúa.

27 de febrero de 2026

18 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible