Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de septiembre de 2026

O Concello adxudica 80 composteiros domésticos para fomentar a recollida separada dos biorresiduos

As asociacións, centros de ensino e particulares que reciban os colectores contarán co asesoramento necesario para o seu uso

O Concello publicou hoxe na páxina web municipal a lista provisional de adxudicatarios dos 80 composteiros domésticos que pon ao dispor de entidades e cidadanía para fomentar a recollida separada dos residuos e o reciclado da fracción orgánica. Esta iniciativa enmárcase nas políticas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos na cidade.

En total presentáronse 75 solicitudes. Entre elas figuran 12 entidades -2 asociacións e 10 colexios públicos- e 63 persoas físicas, das cales a gran maioría son adxudicatarias de hortos urbanos. Algúns dos peticionarios solicitaron máis dun composteiro.

A lista provisional recolle as solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda. A partir da súa publicación, as persoas ou entidades solicitantes dispoñen dun prazo de 10 días hábiles, ata o venres 25 de setembro, para presentar a documentación pendente.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, destacou que iniciativas como esta forman parte da aposta do Goberno local por avanzar cara a un novo modelo de xestión dos residuos urbanos, baseado na separación, a reciclaxe e a economía circular. Neste sentido, o Concello está a desenvolver outras actuacións como a instalación de 80 novos puntos limpos de proximidade, que xa comezou nos barrios de Matogrande, Xuxán e Os Rosales; as campañas ligadas á implantación do quinto contedor; a campaña de separación da materia orgánica nos fogares ou o reforzo do servizo Porta a Porta na hostalaría.

"O obxectivo é seguir avanzando, da man da cidadanía, cara a un cambio na xestión dos residuos urbanos que sitúe A Coruña á vangarda da sustentabilidade e da economía circular", sinalou Neira.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión