Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de noviembre de 2020

O Concello adxudica a obra do ascensor do barrio dos Castros por máis de 400.000 euros

Xunto á recente reforma da praza da Concordia, cun orzamento de 212.000 euros, o Goberno local inviste máis de 600.000 euros para mellorar a accesibilidade e humanizar o barrio coruñés

O Concello adxudica a obra do ascensor do barrio dos Castros para a mellora da accesibilidade da zona, por valor de 402.000 euros.

O proxecto levouse á Xunta de Goberno Local do pasado 17 de xuño tras varios meses de consultas coas asociacións veciñais. De feito, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e o seu equipo técnico mantiveron varias reunión coas asociacións dos Castros, do Castrillón e a Federación de Veciños que cualificaron de "moi positivo" o proxecto.

O obxectivo desta actuación, aseguran desde o Goberno local, é "mellorar a accesibilidade na confluencia da rúa Vila de Padrón e a rúa Ortigueira coa Avenida da Pasaxe" e, para iso, tomouse a decisión de instalar un ascensor que "permitirá salvar a elevada pendente existente na avenida da Concordia". Este ascensor desembarcará nunha ampla marquesiña que utilizará como parada tanto de buses urbanos como interurbanos. O acceso ao ascensor realizarase a través dunha pasarela elevada á que se chega subindo uns chanzos desde a rúa Ortigueira ou a través dunha rampla de acceso desde a rúa Villa de Padrón, de case 11 m de lonxitude. O ascensor terá capacidade para 12 persoas. O plan conta con informes favorables do Departamento de Patrimonio Urbanístico e do Departamento do Sistema de Información Territorial.

Canto á praza da Concordia, o Concello vén de investir 212.000 euros na súa reforma a través da eliminación dos bancos localizados no medio deste espazo para permitir unha distribución por idades, así como o peche da maioría das entradas para mellor a seguridade dos viandantes. O Goberno local, ademais, abriu ao público o novo aparcadoiro público de Casablanca, que dispón de aproximadamente 120 novas prazas de estacionamento. Os traballos consistiron en explanar e valar a parcela, así como en dotala de iluminación.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión