Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de enero de 2024

O Concello adxudica o servizo de xestión das Bolsas USA 2024-25, que retornan a Estados Unidos e ofertarán 40 prazas, catro máis que este curso

O Goberno de Inés Rey introduciu nos pregos do contrato diversas melloras orientadas á rapazada beneficiaria e as súas familias

Este mércores, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, adxudicouse á empresa Step Languages Services o servizo de xestión do programa educativo municipal das Bolsas USA, que na súa próxima edición, de cara ao curso 2024-25, ofrecerá 40 bolsas para que o alumnado beneficiario curse o primeiro ano de Bacharelato nos Estados Unidos.

Da oferta presentada pola adxudicataria valorouse, por exemplo, o feito de ofrecer cinco prazas adicionais sobre as 35 establecidas nos pregos do contrato. Ademais, o Goberno de Inés Rey introduciu nos pregos do contrato diversas melloras para os beneficiarios e as familias, como un novo complemento de axuda ás persoas beneficiarias en situación de vulnerabilidade social no referente aos gastos de preparación de viaxe. A maiores, no referente á baremación de solicitudes tamén se terá en conta darlle máis peso á situación socio-económica e socio-familiar das persoas solicitantes.

O Concello levará a cabo un investimento de 649.919,76 euros nesta nova edición das Bolsas USA, unha iniciativa ideada para que alumnas e alumnos coruñeses que resulten beneficiarios da convocatoria adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real da cultura no país de acollida.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión