26 de diciembre de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
O Concello vén de adxudicar a OPSA os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández Alonso, coñecido popularmente como a Leyma. Os traballos terán un prazo de execución de tres meses e un orzamento de máis de 430.000 euros. Con esta actuación o Goberno de Inés Rey segue amosando o seu compromiso co deporte local e os clubs de fútbol da cidade ao levar a cabo unha obra moi demandada polo tecido futbolístico coruñés.
Os traballos, que teñen previsión de comezar durante o mes de xaneiro, buscan a mellora xeral desta instalación deportiva ao aire libre, onde xa foi renovado recentemente o sistema de iluminación, pasando a ser de tecnoloxía led de baixo consumo, reducindo á metade o gasto enerxético. Nesta ocasión, a actuación proxectada por NAOS consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral. A superficie de xogo será renovada por un céspede artificial de última xeración. Tamén se substituirán as porterías de fútbol 11 e fútbol 7, así como as marquesiñas dos bancos. Ademais, tamén se remodelará a rede de rego existente actualmente, que pasará a incorporar un programador automático.
Outra das medidas destacadas será a intervención nos espazos de paso ao edificio dos vestiarios, onde se renovará o firme. A maiores, o plan de obra inclúe a construción dunha rampla á zona de entrada ás bancadas, o que lles facilitará o acceso ás persoas con mobilidade reducida. Por outra banda, o Concello saneará o muro perimetral do campo, e renovaranse tanto o balado sur como as redes perimetrais que evitan a saída de balóns aos espazos exteriores do campo.
Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey continúa a desenvolver o plan de mellora das instalacións deportivas municipais. Nese sentido, xa está en fase de contratación o Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos, co que se busca adecuar e mellorar os espazos deportivos de titularidade municipal e establecer unha folla de ruta que determine as futuras necesidades da cidade neste eido.

14 de marzo de 2026

12 de marzo de 2026

11 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible