Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2025

O Concello apoia a gran celebración das peñas do Deportivo, con concertos e gastronomía na contorna de Riazor

As celebracións serán este sábado coincidindo co partido entre o Deportivo e o Granada

O Concello da Coruña apoia, un ano máis, a celebración do Día das Peñas do Deportivo, unha xornada con diferentes actividades na rúa Almirante Cadarso, na contorna do estadio municipal de Riazor. Este evento celebrarase o sábado 17 de maio a partir das 12.00 horas, coincidindo co encontro que disputarán o Real Club Deportivo e o Granada ás 16.15 horas. 

"Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apoiando as grandes celebracións do deportivismo, como faremos tamén coas actividades conmemorativas do 25 aniversario da Liga", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Como cada ano, haberá actuacións musicais durante toda a xornada, contando este sábado coas bandas Mr. Kamándula, Clandestinos, Tregua e The Muppets. 

Ademais, tamén haberá diferentes propostas gastronómicas durante toda a xornada. Neste evento, organizado pola Federación de Peñas Deportivistas co apoio do Concello, tamén se exhibirá a copa da Liga gañada polo Dépor para que as persoas afeccionadas que o desexen poidan fotografarse xunto a ela, de 12.00 a 14.30 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión