30 de noviembre de 2022
A nova concesionaria asumirá o contrato de prestación de servizo nos termos nos que saiu a licitación
O Goberno municipal aprobou este mércores en Xunta de Goberno Local a cesión do contrato subscrito con LTM Servicios Bibliotecarios SL para a prestación de servizos da rede de Bibliotecas Municipais a favor de Ilunion Outsourcing SA. Esta medida, á que se chegou de común acordo entre as partes, entrará en vigor este xoves 1 de decembro.
Deste xeito, o Goberno municipal pon fin á problemática existente no servizo, garantindo a nova concesionaria a prestación do servizo e o cumprimento das súas obrigas laborais nos termos recollidos nos pliegos. O Concello traballou na busca dunha solución desde o momento no que se tivo constancia dos problemas, optando pola cesión do contrato a un terceriro como vía máis rápida para acadar unha solución satisfactoria.
Ilunion Outsourcing SA cumple cos requisitos necesarios para converterse na adxudicataria. A empresa manifestou a súa vontade de subrogarse nos dereitos e obrigas que ata o de agora correspondían a LTM Servicios Bibliotecarios SL.
O contrato para a prestación de servizos bibliotecarios na rede de bibliotecas da Coruña foi adxudicado en setembro de 2021 por 2,7 millóns de euros anuais e unha duración de dous anos, prorrogables un máis.
29 de abril de 2024
29 de abril de 2024
28 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible