Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de diciembre de 2022

O Concello aproba a concesión definitiva de licenza para a construción da residencia de maiores de Eirís

A instalación, promovida pola Fundación Amancio Ortega, terá capacidade para 150 persoas usuarias

A Xunta de Goberno Local autorizou este mércores a concesión definitiva de licenza para a construcción da nova residencia de maiores de Eirís, unha instalación promovida pola Fundación Amancio Ortega que terá capacidade para 150 persoas usuarias.

"A concesión de licenza estaba pendente dos últimos trámites. Hoxe podemos anunciar que este é o paso definitivo para que a residencia sexa unha realidade", dixo Inés Rey. A obra suporá un investimento de 10,7 millóns de euros para edificar a residencia no lugar onde, anteriormente, se atopaba a antiga gardería Virxe do Carme, unha parcela de case 10.000 metros cadrados de superficie. Os traballos, toda vez que sexan postos en marcha, terán unha duración de 36 meses.

"Quero agradecer á Fundación Amancio Ortega o seu investimento para instalar a residencia na nosa cidade, dando á Coruña máis capacidade para atender aos nosos maiores, un compromiso que o Concello comparte coa Fundación", finalizou Inés Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión