25 de octubre de 2023
O Goberno de Inés Rey deu luz verde tamén ás bases para o desenvolvemento da urbanización dun polígono da Falperra que permitirá completar soares baleiros coa construción de novas vivendas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe de xeito inicial o estudo de detalle que permitirá a construción dun centro de día promovido pola Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco). O ámbito do estudo de detalle é a parcela número 45 do API R31 de Eirís, un terreo municipal que lle foi cedido á entidade polo Goberno de Inés Rey o 25 de outubro do 2019 co dito fin.
O documento permite unha reordenación de volumes na parcela, dentro das determinacións que establece a Norma Zonal 8, actualmente en vigor. O estudo permanecerá a exposición pública polo prazo dun mes e permitirá a construción dun edificio de planta baixa e tres alturas cun uso social e asistencial dentro dos fins establecidos pola entidade promotora. "Tratamos de facilitar que as entidades sociais dispoñan dos medios necesarios para o desenvolvemento do seu necesario traballo, esencial moitas veces, como no caso de Adaceco, para axudar a moitas persoas", indicou a alcaldesa, Inés Rey.
Ademais, a xunta de goberno aprobou tamén de xeito inicial o proxecto base de estatutos do POL 25, denominado "Fuente Seca del Monte". Trátase dun documento preciso para levar a cabo o desenvolvemento urbanístico dunha superficie de case 1.000 metros cadrados no barrio da Falperra. O polígono en cuestión, recollido no Plan Xeral Municipal, atópase entre as rúas Falperra, Fonte Seca do Monte e Sinforiano López, un terreo cualificado como urbano non consolidado que agora se poderá incorporar á trama urbana do barrio ofrecendo novas vivendas e espazos públicos.
Por outra banda, a xunta de goberno deu luz verde tamén a un total de 182 novos expedientes, dos que 40 son licenzas urbanísticas, 76 en réxime de comunicado, 34 para o exercicio de actividade mediante comunicación previa e 17 para o mesmo fin mediante declaración responsable. Entre elas figura a licenza de obra para remodelación de locais exteriores no mercado de San Agustín, que terá uso hostaleiro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible