Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de junio de 2026

O Concello arrinca a tempada de praias co izado da bandeira azul en Riazor

A cidade mantén as cinco distincións da ADEAC, en Riazor, Oza, Santo Amaro, O Orzán-O Matadoiro e As Lapas

 A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe, primeiro día da temporada de praias, no izado da bandeira azul no areal de Riazor, unha das cinco praias da cidade que contan con esta distinción xunto ás de Oza, Santo Amaro, O Orzán-O Matadoiro e As Lapas. 

Neira lembrou que a bandeira azul, un distintivo que outorga ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor) distingue as praias que cumpren os requisitos en catro áreas fundamentais: calidade das augas, información e educación ambiental, limpeza e recollida de residuos e seguridade, servizos e instalacións.

"As cinco praias urbanas da Coruña levan desde 2018 recibindo este galardón de forma ininterrompida e débese ao esforzo do Concello por mantelas en perfecto estado para o seu desfrute pola cidadanía e quen nos visita durante o verán. Este recoñecemento dinos que estamos facendo as cousas ben como cidade", sinalou Neira, quen animou as persoas usuarias dos areais a colaboraren para manter coidada e limpa a contorna.

Con este acto, comeza oficialmente a tempada de praias, despois de que, a semana pasada, a alcaldesa, Inés Rey, presentase o operativo de seguridade e limpeza que está a levarse a cabo nas zonas de baño, con 42 efectivos de socorrismo -incluíndo o novo operativo na plataforma de baño do Parrote- e un programa intensivo de mantemento e recollida de residuos nos areais e as súas contornas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión