Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de julio de 2026

O Concello avanza co seu plan de revitalización da Cidade Vella, onde se acometerán melloras no xacemento do antigo convento de San Francisco

As actuacións previstas no enclave permitirán renovar o seu peche perimetral e gañar accesibilidade. En total, suporán un investimento de máis de 160.000 euros

Hoxe, o Concello deu un novo paso na súa folla de ruta para revitalizar a Cidade Vella e os conxuntos patrimoniais da súa contorna, que inclúen o xacemento do antigo convento de San Francisco, onde o Executivo local acometerá melloras na súa accesibilidade e renovará o peche perimetral do recinto.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, informou da saída a concurso dos traballos, aprobada este mércores na Xunta de Goberno Local. O investimento previsto, máis de 168.000 euros financiados con fondos estatais, inclúen tamén o acondicionamento das sendas de paso e a modernización dos paneis interpretativos que permiten profundar na evolución deste enclave, onde se conservan restos arqueolóxicos asociados á Idade Media.

Ao longo do tempo, as sondaxes e investigacións efectuadas no xacemento non só contribuíron a ampliar os coñecementos sobre a historia da Coruña, senón tamén á posta en valor dun recinto que, visible tras o Museo Militar e a Fundación Luis Seoane, agora será adaptado e renovado.

"Imos, paso a paso, abrindo camiño ás intervencións de mellora plantexadas no conxunto do barrio, que na súa meirande parte contemplan a restauración de pavimentos históricos como no caso da praza das Bárbaras, tamén adecuacións nos percorridos peonís para que persoas con mobilidade reducida podan acceder sen dificultades a puntos como este xacemento", razoou Lage.

As actuacións na contorna do antigo convento de San Francisco son a quinta intervención de mellora impulsada polo Executivo local na Cidade Vella desde finais do ano pasado.

Nos últimos meses, o Concello puxo en marcha a renovación da instalación eléctrica do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e, en paralelo, abriu os trámites de contratación para restaurar a praza das Bárbaras, o mausoleo de Sir John Moore e, ademais, as sondaxes que permitirán profundar na historia da Casa da Sinagoga, adquirida polo Concello no pasado mandato. Ademais, tamén está previsto actuar sobre a praza de Azcárraga.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión