Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de noviembre de 2025

O Concello avanza coa folla de ruta prevista nos Cantóns

Ademais, este luns 24 rexistrarase un corte de tráfico na rúa Alcalde Manuel Casás, onde se executarán tarefas de pavimentado no cruzamento coa avenida da Marina

O Concello prosigue estes días coas obras de remodelación dos Cantóns, centradas actualmente na contorna do Obelisco e na reconfiguración dos accesos do aparcadoiro subterráneo para garantir melloras de accesibilidade, como a instalación dun novo ascensor conectado coa superficie, inexistente ata agora, e que é imprescindible para permitir o acceso a persoas con mobilidade reducida ou con carriños de crianzas.

Agora, tras ampliarse a zona de excavación -co correspondente control arqueolóxico-, xa é posible iniciar as tarefas de transplante da árbore, que serán visibles estes días.

Este luns, corte de tráfico na rúa Alcalde Manuel Casás

Tamén no referente ás intervencións nos Cantóns, este luns 24 de novembro, a partir das 10.00 horas, a circulación en sentido entrada e saída da cidade volverá a realizarse pola avenida da Mariña na franxa de calzada pegada á beirarrúa da Subdelegación, recuperando a configuración definitiva e eliminando o actual desvío por Alcalde Manuel Casás e Ambrosio Feijoo.

Ademais, cortarase ao tráfico a rúa Alcalde Manuel Casás para completar a pavimentación do cruzamento desta coa avenida da Mariña.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión