10 de noviembre de 2025
Esta actuación forma parte da primeira fase de melloras no parque, que incluíu a demolición dos peches exteriores que impedían o acceso, así como a instalación dos novos valados interiores da AEMET
O Concello dará continuidade estes días aos traballos de adecuación previstos no parque do Observatorio, onde xa remataron as tarefas correspondentes á demolición dos peches exteriores que, ata agora, impedían o acceso ao parque. Tras completarse esta parte, o Executivo local está a actuar nas áreas verdes.
A alcaldesa, Inés Rey, contextualizou estas melloras, incluídas na primeira fase de remodelación do parque: "Xa se completou a instalación dos novos valados perimetrais arredor do edificio do Observatorio da AEMET e, a posteriori, remataron os traballos de derrubamento dos muros exteriores. Agora estamos dando os seguintes pasos previstos, actuando sobre os espazos axardinados para acondicionar as zonas abertas á cidadanía".
O acondicionamento céntrase estes días no sementado das áreas de céspede, o desbrozamento de maleza, nivelado da terra e despedregamento, traballos que requiren, a miúdo, o peche ou acoutado provisional das zonas de actuación, para facilitar o crecemento da herba, como se fixo recentemente a carón da praza da Tolerancia.
Tamén se prevé plantar varios novos exemplares de arboredo e, ademais, habilitar mobiliario urbano como bancos e papeleiras. O espazo deberá permanecer pechado mentres non arraigue o céspede, para garantir o seu asentamento. Previsiblemente a finais deste ano poderá abrirse para o seu disfrute.
A alcaldesa lembrou que ás dúas superficies de uso que se habilitarán no parque da Agra -grazas ao convenio co Goberno estatal- tamén se sumarán, a posteriori, outros 3.000 metros cadrados, en réxime de cesión gratuíta, dunha parcela lindeira ao parque, o antigo soar das Adoratrices.
Cómpre lembrar que o pleno aprobou a finais de xullo o convenio urbanístico necesario para adoptar esta medida, que ademais de dar cumprimento a unha sentenza firme do TSXG -que recoñeceu como solo urbano consolidado unha parte da parcela do ámbito POL M-22, o soar das Adoratrices- permitirá aproveitar como área verde e espazo libre de uso público esa superficie de 3.000 metros cadrados, que, ademais, urbanizará a promotora que ostenta a titularidade deste ámbito.

22 de abril de 2026

20 de abril de 2026

14 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible