25 de junio de 2025
Este último número explora a relación da escritora con Portugal e a súa pegada na Coruña
A Fundación Rosalía de Castro e o Concello da Coruña presentaron esta mañá en rolda de prensa o último número da revista Follas Novas de estudos rosalianos, que nesta ocasión se centra na relación da autora con Portugal, aínda que tamén inclúe artigos doutra temática, como a presenza da familia Murguía Castro na Coruña. "Desde o Goberno de Inés Rey queremos preservar e divulgar os fortes vínculos de Rosalía de Castro coa cidade da Coruña e esta colaboración coa súa Fundación permitirá facelo", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, durante a rolda de prensa. Tamén participaron nesta presentación Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e o académico Xosé Luís Axeitos, director da publicación.
Trátase da primeira vez que o Concello colabora con esta publicación da Fundación Rosalía de Castro. O número 9 da revista de estudos rosalianos conta con numerosos artigos arredor da relación de Rosalía de Castro con Portugal, asinados tanto por investigadores portugueses coma galegos, desde o retrato da autora por José de Brito, unha biografía inédita, a homenaxe no Porto en 1954 e a última que tivo lugar en 2024 polo setenta aniversario.
Entre as contribucións doutra temática destaca o artigo da musicóloga Margarita Viso sobre a pegada de Rosalía na Coruña, onde residiu brevemente entre 1871 e 1875, mais que foi a cidade elixida polo súa familia logo do seu pasamento. O sentir cidadán polas figuras de Rosalía e de Murguía plasmouse en diversas ocasións e en diversos ámbitos.
Follas Novas conta entre os seus contribuidores a investigadores de Portugal (José André Ponte da Luz e Isabel Cristina Mateus), Arxentina (Irene Jones) e Galicia: Anxos García Fonte, Xurxo Martínez, Olivia Novoa e María Jesús Botana, entre outros.

14 de diciembre de 2025

14 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible