16 de marzo de 2016
A área de Medio Ambiente, que dirixe María García, implantará o 60% dos dispositivos previstos antes do mes de xuño
O Goberno municipal comezará mañá xoves coa terceira fase da implantación dos contedores que promoven e facilitan a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles. En total serán 28 os novos depósitos que se distribuirán por distintos barrios da cidade para facilitar a separación en orixe. O plan, posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente o pasado mes de xaneiro, xorde a través dun convenio coa entidade Padre Rubinos que contempla a instalación de 125 contedores en dous anos. Desde xeito, e segundo afirmou a edil María García, a súa área implantará o 60% dos contedores previstos “antes do mes de xuño”.
A Concellería xa instalou desde o inicio do programa 47 depósitos en espazos municipais, principalmente situados en zonas próximas aos centros cívicos e mercados municipais. Nestes dous meses nos que a área de Medio Ambiente potenciou a xestión dos residuos na cidade mediante a participación cidadá, recolléronse nos contedores e a través do servizo a domicilio 30 toneladas de roupa e materiais téxtiles aproximadamente. “Unha vez remate este terceiro prazo”, explicou García comezará un novo período “no que se avaliará o comportamento que teñen os existentes así como as demandas da cidadanía que permitan introducir melloras no programa”.
Os novos contedores estarán en:
Noticias relacionadas

27 de octubre de 2025

21 de octubre de 2025

6 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible