27 de diciembre de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada por concelleiras e concelleiros do Goberno municipal, informou esta semana a veciñanza das actuacións previstas ao abeiro do Plan de barrios 2025-27
O Concello avanza coa súa folla de ruta no núcleo poboacional de Nostián, onde estes días remataron os traballos para ampliar as infraestruturas da rede municipal de saneamento cara á contorna do parque.
As obras, que arrincaron a mediados de ano, executáronse co obxectivo de instalar colectores separativos para as augas residuais no leste do núcleo, preto das vivendas máis próximas á fonte. Desta forma, mellórase a recollida de augas en orixe no conxunto de Nostián, que xa contaba cunha rede unitaria e para pluviais no sector oeste.
Tras a instalación das colectores, o Concello procedeu tamén á renovación do firme, traballos que incluíron a disposición de materiais e pavimentos diferenciados para visibilizar as zonas de acceso ás vivendas, e reforzaron así a seguridade viaria das veciñas e veciños ante o paso de vehículos.
Cun investimento de 230.000 euros, esta intervención foi unha das cuestións que centrou o encontro informativo do Plan de barrios 2025-27 que tivo lugar a mediados desta semana no local veciñal de Nostián. A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polas concelleiras e concelleiros Noemí Díaz, Nereida Canosa e Manuel Vázquez, así como por persoal técnico do Concello, informou as persoas residentes das principais actuacións previstas tanto en Nostián como na súa contorna, que inclúen a renovación da pista de chave.

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible