25 de septiembre de 2026
O proxecto dálle resposta ás demandas veciñais e ten como obxectivo a reordenación do tráfico e reforzo da seguridade viaria nunha contorna próxima ao CEIP Zalaeta
O Concello xa rematou as obras da nova rotonda na rúa Curros Enríquez, na intersección coas rúas Zalaeta e Ramón del Cueto. A actuación deulle resposta ás demandas veciñais co obxectivo de mellorar o tránsito e a seguridade viaria neste cruzamento. A intervención é parte da ampla programación de mellora da mobilidade nos barrios promovida polo Goberno de Inés Rey.
"A nosa tarefa é facer rúas máis seguras e que melloren o tránsito tanto de persoas como de vehículos", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.
A nova glorieta supón a reordenación deste punto, coa correspondente colocación da nova sinalización, o repintado do pavimento para indicar as zonas de circulación e a relocalización dunha das lámpadas, reforzando ademais a seguridade nunha contorna onde todos os días pasan moitos nenos e nenas debido á proximidade do CEIP Zalaeta.
Esta acción segue unha liña clara marcada polo Concello de protexer especialmente as áreas con tráfico rodado próximas aos colexios, como xa se fixo no acceso ao CEIP Fernández Latorre, cunha ampliación da beirarrúa neste punto de afluencia e a colocación de valado para separar os viandantes dos coches, ou renovación e ampliación do sistema de "ras", as pequenas siluetas que marcan no chan os itinerarios seguros que os nenos e nenas deben seguir para chegar camiñando á casa despois da clase; un sistema amplamente implantado en varias cidades e que ten como obxectivo facilitar que incluso os rapaces e rapazas máis pequenos non saian das zonas seguras de tránsito para os peóns.

25 de septiembre de 2026

23 de septiembre de 2026

21 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible