18 de julio de 2023
Os dispositivos, ideados como medida disuasoria para calmar o tráfico nos percorridos peonís cara os centros escolares, estarán ubicados no paseo marítimo, a rolda de Outeiro, A Sardiñeira, a estrada de Eirís e Feáns
O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Mobilidade, ten previsto iniciar nos vindeiros días os traballos para a instalación de cinco novos radares pedagóxicos que estarán ubicados en vías interurbanas próximas a diversos centros educativos da cidade.
Esta medida, posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de reforzar a prevención e o calmado do tráfico nas inmediacións dos centros educativos coruñeses, levarase a cabo nos seguintes enclaves: o cruzamento da avenida Pedro Barrié de la Maza coa rúa Modesta Goicuría -á altura do IES Eusebio da Guarda-; a rolda de Outeiro, na contorna do CEIP Sagrada Familia; a avenida da Sardiñeira -nas proximidades do CEIP José Cornide-; a estrada de Eirís, na contorna do Colexio Internacional Eirís; e a rúa Obradoiro, preto do acceso ao CEIP Manuel Murguía, en Feáns.
A instalación dos cinco novos dispositivos, previa á súa activación, executarase nos próximos días, coa previsión de que a intervención finalice antes de que remate o mes.
Os paneis, de carácter disuasorio
Os dispositivos, que contan cunha pantalla led e un indicador tricolor -en verde, ámbar ou vermello- que amosa a velocidade de circulación do vehículo, ao seu paso, actúan como medida disuasoria e emiten unha advertencia cando se supera o límite de velocidade, sen que implique medidas sancionadoras.
Trátase da segunda fase de colocación destes paneis indicadores da velocidade, tras a iniciada a finais de maio. Actualmente, e tras completarse a primeira fase desta actuación, xa están operativos varios radares pedagóxicos na rúa Juan Flórez -á altura do colexio Labaca-, a avenida Alfonso Molina -no sentido de acceso á cidade e xa rebasando o desvío cara a Juan Flórez-, a rolda Camilo José Cela -nas inmediacións do colexio Ramón de la Sagra-, a estrada dos Fortes -en sentido de baixada cara o acceso ao colexio Calasancias- e a avenida da Habana.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible