Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de septiembre de 2026

O Concello comunicará á Xunta o seu rexeitamento á parada do bus metropolitano no punto proposto da rolda de Outeiro pola grave alteración na mobilidade

A proposta da Xunta acababa coa continuidade do carril bici e afectaba a zonas de carga e descarga

O Concello non acepta a proposta da Xunta de crear unha nova parada do bus metropolitano na rolda de Outeiro, á altura do cruzamento con Pérez Ardá. Dita proposta autonómica chegoulle ao Concello a semana pasada, case ao tempo no que a consellería facía pública a súa intención, malia non ter analizado previamente dita localización cos técnicos de Mobilidade municipais. 

O Concello, tras analizar a proposta, considera que non se dan as condicións para instalar nese espazo unha parada de bus metropolitano. A parada nese punto, con gran tránsito de vehículos, suporía a eliminación dun tramo do carril bici alí existente, cortando deste modo a continuidade dunha vía deseñada precisamente para garantir a seguridade do tránsito ciclista. Ademais, a ubicación moi cerca dun cruzamento non é a máis axeitada, e afectaba tamén a unha zona de carga e descarga. 

A proposta da Xunta conta tamén coa oposición veciñal polas potenciais molestias nun espazo moi cercano ás vivendas. 

Todos estes argumentos trasladaránselle á Xunta para buscar situacións máis acaídas, consensuadas cos veciños e veciñas e que non supoñan unha alteración negativa na mobilidade. "O que non se pode, para resolver a mobilidade metropolitana, é danar a mobilidade e a seguridade urbanas, por iso é preciso que buscar alternativas con tempo e con estudos e tamén consensuadas coas veciños e veciñas", indicou a alcaldesa, Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión