Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de mayo de 2026

O Concello condecora a máis de 50 axentes e autoridades civís no Día da Policía Local

A alcalcesa presidiu o acto no que se entregaron recoñecementos aos axentes con 20, 35 e 40 anos de servizo, aos xubilados no 2025, aos dintinguidos pola súa traxectoria e por actos de mérito e a personalidades civís que colaboran coas forzas de seguridade

Hoxe celebrouse en María Pita o Día da Policía Local cunha homenaxe aos axentes que foi presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que no seu discurso de agradecemento aos integrantes do corpo recordou a «disciplina, a profesionalidade e a humanidade» que caracteriza aos homes e mulleres que visten o uniforme na cidade. 

«Sodes os que estades aí cando se vos precisa. Os que pensades primeiro nos demais. Os que inculcades o civismo desde o púlpito máis alto de todos: o do bo exemplo», apuntou a alcaldesa. O evento contou coa presenza do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueira; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM), Marcial González Prada; o subdelegado do Goberno, Julio Abalde Alonso, e o director xeral de Emerxencias e Interior e da AGASP, Santiago Villanueva Álvarez.

Como é tradición, o Concello condecorou os axentes que cumpren 20, 35 e 40 anos de servizo no corpo, os policías xubilados no ano 2025, axentes distinguidos pola súa traxectoria exemplar, axentes con actos de mérito e personalidades civís que se distinguiron polo seu apoio ás forzas e corpos de seguridade. 

Rey quixo aproveitar o acto para destacar a dedicación de todos os axentes e o seu traballo diario para manter a seguridade e o benestar na cidade. «É verdade que queda moito por facer. Pero existen motivos para o optimismo. A criminalidade xeral na Coruña descendeu no último ano un 1%, e a criminalidade convencional, ata un 5,7%. Son datos. Datos que nos sitúan por encima da media nacional en termos de seguridade. E datos que reflicten, sobre o papel, o froito das accións valentes de todos os axentes», engadiu a alcaldesa.

Lista de Homenaxeados

40 anos de permanencia no corpo:

  • Ángel Merelas Sánchez

35 anos de permanencia no corpo:

  • Manuel Aceña Liste

  • Jose Ángel Barallobre 

  • Luis Barral Rodríguez

  • Antonio Manuel Cacharron Arjomil

  • Marcial Cambon Castro

  • José Luis Canosa Lamiño

  • Juan José Castiñeira Balsa

  • César Luis Castro Fraguela

  • Jesús Costa Fariña

  • Manuel Fandiño Rey

  • José Manuel García Rodríguez

  • Francisco José Lafuente Rey

  • Manuel Paulino López Cancelo

  • Jesús Ángel López Quintela

  • Marcos Antonio Mañana Piñeiro

  • Fernando Naya Prieto

  • Luis Manuel Otero Neira

  • José Luis Pereira Fandiño

  • Alberto Primoy Basoa 

  • María José Sánchez Naveira

  • Pilar Varela Varela

  • Francisco Javier Vázquez Gil

  • Luis Antonio Veira Hermidas

  • Juan Carlos Vidal Díaz

20 anos de permanencia no corpo:

  • Raúl Bujia Rodríguez

  • José Luis Galdo Novo

  • José David López Barreiro

  • Ana María Pérez Manivesa

  • Miguel Puente Rapela

  • Juan José Quintas Rumbo

  • Efren Quiroga Tojeiro

  • Iván Reigosa Expósito

  • Alberto Sánchez García

Xubilados no 2025

  • José Antonio Bello Antón

  • José Antonio Brandariz Castelo

  • Manuel Cancela Vila

  • Manuel Cao Puga

  • Eulogio Cives Martínez

  • Felipe de la Fuente Garay

  • José Manuel Loureiro Vázquez

  • Juan Muiños Insúa

  • Jorge Alberto Pazos Miser

  • Aurora Rodríguez Penas

  • Carlos Sanjurjo Lorenzo

  • José Marcos Suevos Sánchez

Felicitacións públicas:

  • Carlos Gómez Rodríguez, Comisario Principal-Xefe Provincial da Policía Nacional en A Coruña.

  • Antonio Manuel Velasco Ruíz, Comandante de la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil de Galicia-Xefe da Unidade de Investigación de Seguridade Vial de Galicia.

  • Helimer Galicia-Base SAR A Coruña (Salvamento Marítimo).

  • Regla Dávil Caballero, Directora Área Benestar-Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdadade do Concello.

  • Darío Pérez Bergantiños, Xefe do Departamento de Seguridade Cidadá-Concellería de Seguridade Ciudadá e Interior del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Álvaro Louro Ojea, Vicepresidente da Asociación Española de Investigadores de Accidentes de Tráfico  e colaborador da Policía Local nesta materia.

Medallas á traxectorio profesional:

  • Manuel Aceña Liste

  • Juan José Castiñeira

  • Enrique Lema Barca

  • Marcial Cambón Castro

  • Pablo Outeiral Ces

Medallas ao mérito policial: 

  • Darío González Calvo e Jorge Campos Varón

  • Antón Gabeiras Nieto e Rubén Moure Caamaño

  • Pablo Rodríguez Rodríguez

Juan Carlos Pérez Mouzo

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión