Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de febrero de 2016

O Concello confiscará os equinos que "estean ceibos na vía pública e xeren unha situación de perigo tanto para a veciñanza como para eles mesmos”, a fin de garantir a seguridade

A Concellería de Medio Ambiente indica que se trata dunha medida dentro da liña de traballo que está a seguir o Goberno “para favorecer a convivencia entre a veciñanza e os animais domésticos”

A Concellería de Medio Ambiente indica que procederá confiscar os exemplares equinos que se atopen ceibos en vía pública e que “xeren unha situación de perigo tanto para a veciñanza como para eles mesmos”. A titular desta área de Goberno, María García, indica que se trata dunha medida necesaria “a fin de garantir a seguridade, tanto das persoas, como dos propios animais, que poden ser atropelados en calquera momento”.

García indicou que o Goberno local “está a favor da existencia e convivencia de animais de tipo gandeiro dentro do municipio”, pero garantindo que estes exemplares “estean en boas condicións e cumpran con todas as normativas ao respecto”. “Este Goberno apoia o mantemento dos usos tradicionais ligados ao rural, pero en ningún caso de situacións que poidan supor un perigo para a veciñanza”, explica.

A concelleira salientou o caso concreto de determinados exemplares equinos que se atopan na zona de Bens. “O Concello leva meses traballando e ocupándose deste caso, sendo a intención que estes animais sexan cercados para poder garantir tanto a seguridade na zona como que a situación na que se atopan sexa óptima”, indican, á vez que engaden que “a veciñanza da zona, con todo, manifestounos que a situación mellorou bastante nos últimos tempos”.

Esta medida encádrase dentro das políticas que está a fomentar o Goberno local de cara a favorecer e fomentar “unha adecuada convivencia entre os e as veciñas e os animais domésticos que vivan dentro do municipio”.

 

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión