26 de junio de 2026
O programa deportivo municipal regresa este verán con actividades deportivas gratuítas, abertas a toda a cidadanía e repartidas por algúns dos enclaves máis atractivos da cidade
A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa municipal que transforma praias, parques, prazas e miradoiros en espazos de actividade física saudable, accesible e gratuíta para toda a cidadanía. Durante os meses de xullo e agosto, veciñas, veciños e visitantes poderán gozar de sesións dirixidas de ioga, tai-chi, zumba, pilates, ximnasia aeróbica, tonificación muscular e actividades específicas para persoas maiores, sen necesidade de inscrición previa e adaptadas a todos os niveis de condición física.
Esta iniciativa que impulsa o goberno de Inés Rey consolidouse como unha das propostas deportivas e de benestar máis exitosas do verán coruñés e converteu a cidade nun grande escenario para a práctica deportiva ao aire libre. O obxectivo é claro: fomentar hábitos de vida saudables, achegar o deporte a todos os barrios e aproveitar o extraordinario patrimonio urbano e paisaxístico da Coruña como espazo para o exercicio físico e a convivencia.
"Coruña en forma representa unha maneira de entender a cidade na que o deporte sae das instalacións convencionais para integrarse na vida cotiá das persoas. Fronte ao mar de Riazor, no miradoiro do Matadoiro, no parque de Vioño, no parque de Oza, en Novo Mesoiro, en Eirís, no Barrio das Flores ou en diferentes prazas da cidade, centos de persoas comparten cada verán unha experiencia que combina saúde, benestar e desfrute do espazo público", subliñou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
A programación distribúese en diferentes franxas horarias de mañá e tarde para facilitar a participación de persoas de todas as idades. O programa inclúe actividades como ioga, tai-chi, zumba, pilates, ximnasia aeróbica, tonificación muscular e o programa específico Maiores en forma, deseñado para promover o envellecemento activo e saudable. As sesións desenvolveranse en espazos tan emblemáticos como a praia de Riazor, o miradoiro do Matadoiro, a praza dos Mariñeiros, a praza dos Avós, a praza Elíptica, o parque de Oza, o parque de Eirís, o parque de Vioño, ExpoCoruña, o Barrio das Flores e Novo Mesoiro.
Unha aposta pola actividade física
A aposta pola actividade física é un dos sinais de identidade das políticas impulsadas polo Goberno municipal. "Nun momento no que a sociedade é cada vez máis consciente da importancia de previr enfermidades e mellorar a calidade de vida a través do exercicio, programas como Coruña en forma demostran que o deporte pode ser próximo, inclusivo e accesible para toda a poboación", engadiu Vázquez. Ademais, a iniciativa elimina barreiras económicas e facilita o acceso á práctica deportiva a persoas que, doutro xeito, dificilmente participarían en actividades organizadas.
Pero Coruña en forma é, ademais dun programa deportivo, unha ferramenta para dinamizar os barrios, fomentar as relacións sociais e fortalecer o sentimento de pertenza a unha cidade que vive e goza dos seus espazos públicos. "Practicar ioga fronte ao océano, participar nunha sesión de pilates nun parque urbano ou compartir unha clase colectiva de zumba ao aire libre son experiencias que reflicten o modelo de cidade activa, saudable e sostible polo que aposta o Goberno de Inés Rey", rematou Vázquez.
A Coruña leva anos situándose como unha referencia nas políticas de promoción da actividade física e da saúde comunitaria. De feito, Coruña en forma converteuse nun modelo admirado e seguido por outras cidades, que observan con interese unha iniciativa capaz de combinar saúde, deporte, espazo público e participación cidadá. O éxito de asistencia, a diversidade da programación e a utilización de contornas urbanas singulares como escenario para o exercicio físico fan deste programa un exemplo de boas prácticas a nivel municipal.

26 de junio de 2026

25 de junio de 2026

25 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible