Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".
5 de octubre de 2020
O prazo de presentación das fotografías abrirase o 6 de outubro de 2020 e rematará o 5 de novembro de 2020. As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía e un acceso gratuíto aos museos municipais da Coruña para dúas persoas durante un ano
O Concello da Coruña abrirá mañá, 6 de outubro, o prazo de presentación de propostas para participar no concurso fotográfico Calendario Municipal 2021, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que edita cada ano -que se completa con 12 imaxes antigas- e, en caso de así o decidir o xurado, elixir tamén a foto da primeira páxina deste.
O concurso é de participación aberta. As fotografías teñen que se realizar no termo municipal da Coruña e nelas deberase destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado terá en conta a representatividade do patrimonio cultural da fotografía, a súa calidade técnica e a orixinalidade.
Así mesmo, as persoas que quixeren participar poderán facelo con até un máximo de tres fotografías en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles e sen levar ningunha marca identificativa da súa autoría. Ademais, as fotografías terán que ser horizontais e en cor.
Os traballos deberanse enviar ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es, como arquivo adxunto. Se o envío tiver máis dunha fotografía, deberá ser un arquivo Zip -ou remitilo a través da plataforma We Transfer- e indicar no asunto do correo a lenda 'Concurso calendario municipal 2021'. O prazo de recepción de imaxes estará aberto desde mañá, martes, até o xoves 5 de novembro. O xurado, que estará composto por 7 persoas, entre as que se incluirán integrantes do Colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiras e concelleiros da Corporación municipal, resolverá os premios antes do día 12 de novembro de 2020.
As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos museos municipais da Coruña para dúas persoas. Serán informadas do veredicto por correo electrónico.
BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO "CALENDARIO MUNICIPAL 2021" (214 KB)
26 de enero de 2021
22 de enero de 2021
21 de enero de 2021
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible